Grupo Scout Hércules 283 da Coruña:
Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela:
“Este ano o Grupo Scout Chan 292 fomos de campamento a Lamas, unha pequena aldea moi preto de Moraña, en Pontevedra. O lugar era salvaxe, coma sempre, así que tivemos que montar pouquiño a pouco, todas as instalacións. Durante a primeira semana cada rama adicou o tempo ás súas actividades propias e compartimos entre todos un gran xogo que este ano se inspirou en Catán, un xogo de mesa no que hai que conquistar territorios e comerciar con materias primas. Na segunda semana, coma sempre, cada rama marchou de ruta por diferentes zonas preto do campamento. Saíu todo de marabilla, e xa estamos agardando a que chegue o próximo”.