Os rovers de ASDE – Scouts de España culminan a Ruta do centenario

A Ruta Federal de Rovers rematou o seu camiñar, e como milleiros e milleiros de camiñantes ao longo dos séculos, pisaron as pedras do Obradoiro como recompesa polo esforzo no camiño percorrido.

O Concello de Santiago de Compostela, representado pola Alcaldesa en funcións Dna. Reyes Leis e o Concelleiro de Relacións Institucionais D. Francisco Noya, recibiu a unha delegación dos rovers e scouters que participaron na Ruta que estiveron acompañados polo Presidente Scout Federal de ASDE – Scouts de España D. Julio del Valle e membros do Equipo Scout Xeral de ASDE – Scouts de Galicia.



Deixe un comentario