A Ruta Róver reuniu aos róvers galegos entre Covas e San Andrés de Teixido

Que dicir da Ruta Rover deste ano:  xenial, tanto polo lugar como polos temas tratados nas actividades. Respecto ao lugar, unha frase que o definise sería: “Precioso á vez que espectaculares vistas”. Fomos todo pola costa, desde a parroquia de Covas até Cariño, pasando por Valdoviño, Cedeira e San Andrés de Teixido. En San Andrés de Teixido fixemos un servizo que consistiu en axudar a algunha xente do pobo xa fora nas súas casas ou no que necesitase, xa que non había moitos servizos que puidésemos facer alí.

Os temas tratados nas actividades foron varios, desde a violencia de xénero e a drogodependencia até a educación para a paz e a prevención da violencia, e as distintas culturas. Para tratar a violencia de xénero e a educación para a paz e a prevención da violencia fixemos un xuízo con todo: acusado, victima, avogados, xuíz, etc e fomos expoñendo.

Respecto da drogodependencia realizamos un debate e unha actividade, na que había que escenificar os efectos de certas drogas e que outro adiviñase o nome desta. Finalmente na actividade de interculturalidade fixemos tres ceas, unha cada “mini clan” nos que estabamos divididos, as ceas eran de tres culturas diferentes, entre o cansazo da ruta e o rico que nos saíu todo ese día puxémonos cegos comendo.

E así foi nosa Ruta Rover 2012, simplemente xenial.

Na Ruta Róver 2012, actividade organizada por ASDE – Scouts de Galicia, participaron róvers dos Grupos 19, San Jorge 33 e Chan 292.



Deixe un comentario