Queremos compartir con vos o relato da Ruta de Semana Santa que fixo o clan do grupo scout Chan, ¡desfrutádeo!
Unha vez máis vin como a mochila ía enchéndose co prato e cazo, saco, esterilla, roupa de abrigo, e xa non tan de abrigo, botas, calzado de reposto, neceser, comida do primeiro día e una bolsa chea de ilusión.
Cheguei o local, puntual. E a aventura xa comenzou cando a porta que escondía o resto do material que ía acompañarnos durante a ruta, negábase a abrir. Tras rir e cantar ante as dificultades, collimos o bus e chegamos a Ribeira. Dende alí, cunha brúxula na man e o mapa noutra, comezamos a camiñar pola costa deixando que a area enchera algún pe.
Ao chegar o noso primeiro destino, visitamos as dunas de Corrubedo e tamén o resto dos arredores. Ao seguinte día, agardábanos o Castro de Baroña. Polo camino, puidemos observar o busto a Ramón Sampedro, así como unha paisaxe chea de encanto. Xa no castro, disfrutamos das fantásticas vistas que se nos ofrecía e aproveitamos tamén a praia.
Tras repoñer forzas durante a noite, seguimos a nosa aventura camiñando ata Aguieira onde pasamos a tarde realizando alguna actividade, xogando o fútbol e máis disfrutando da praia que se nos volvía a ofrecer nesta ruta con olor a sal, e moi de cor azul. O último día, cun puco de mágoa, camiñamos ata Noia onde todo era alegría e movemento polas festas que estaban a celebrar na alameda. Tras pasear un pouco por ella, collimos o bus de volta a Santiago.
Disfrutei a ruta sempre dende as alturas, dende o pescozo de cada un deles, ben enrolada e de cor azul e branco, identifiqueinos ante o resto da sociedade e disfrutei facendo escultismo a cada rato.