Nos días 26 e 27 de febreiro a Escola Scout Insignia de Madeira reuniu 18 persoas entre alumnos, formadores e equipo de apoio na localidade de Présaras.
Un ano máis, os xogos, as cancións, as danzas, a música, os contos… invadiron as instalacións toda a fin de semana. Baixo a ambientación do programa televisivo Fama, os cursillistas bailaron ao son do rock, do punky, do rap e dos anos sesenteiros na velada nocturna.
Sen dúbida foron uns días moi productivos no que unha vez máis, a formación verase reflectida na calidade educativa nos Grupos Scouts.