Durante os pasados días 5, 6 e 7 de marzo o Grupo Scout Chan de Santiago de Compostela celebrou a súa tradicional Acampada de Entroido.
Máis de corenta persoas entre rapaces, responsables e equipo de apoio desfrutaron do pleno contacto coa natureza acampando nunha fermosa zona de carballeiras no concello de A Estrada.
Nesta acampada, rapaces de entre 8 a 20 anos puideron convivir e compartir experiencias, destacando especialmente un gran xogo no que todo o mundo disfrazouse de criaturas máxicas coma homes-lobo, vampiros ou magos. Tamén desenvolvéronse outras moitas actividades: obradoiros, veladas, etc, na maior parte dos casos preparadas e deseñadas polos mesmos rapaces, resultando unha avaliación moi positiva de toda a actividade.