I Xornadas de Formación Continua para Formadores de ASDE


ASDE-Scouts de Galicia participou nas I Xornadas de Formación Continua para Formadores, organizadas polo Equipo Federal de Formación da Federación de Asociaciones de Scouts de España (ASDE)

Dous dos nosos formadores acudiron a Becerril de la Sierra (Madrid) para participar nestas xornadas que, baixo o título “OS RETOS DO FORMADOR DE HOXE”, reuniu a formadores de toda España para ampliar a súa formación. Os principais contidos que traballáronse foron: a formación a distancia e o manexo das súa ferramentas, a titorización dos alumnos e a formación en valores.

A actualización, reciclaxe e compromiso dos formadores, segue a ser unha das nosas prioridades.