Últimos días de inscrición no curso de monitor de tempo libre impartido pola Escola Scout Insignia de Madeira

A Escola Scout Insignia de Madeira organiza un ano máis o curso de monitor de tempo libre – Nó Gilwell. Coa súa realización obtense tanto o título oficial expedido pola Xunta como a titulación scout.

O curso está aberto tanto para socios como non socios de ASDE – Scouts de Galicia. O prazo de inscrición finaliza o vindeiro día 15 de novembro.

Podes obter máis información na páxina do curso