Xa está aquí o XXXIV Festival Scout Galego

A Coruña albergará o Festival Scout Galego o sábado 29 de marzo. Ata él desprazaranse Grupos Scouts de Ferrol (Grupo Scout 19) e Santiago de Compostela (Grupo Scout Chan 292) aos quen se lles unirán os tres Grupos Scouts ( San Jorge 33; Hécules 283 e Semente 597) que teñen a súa sede na cidade herculina. Asistirán arredor de 250 rapaces e rapazas e mozos e mozas, dende os 6 ata os 21 anos, acompañados dos seus Scouters (voluntarios/as adultos).

Logo-XXXIV-Festival-Scout-Galego-2014-x680

A actividade central é un certame musical no que os Grupos Scouts participan cunha canción inédita e composta por eles mesmos. As cancións son un medio para enxalzar valores scouts como a paz, o coidado do medio ambiente, a vida saudable, a amizade, o compañeirismo…

Os propios rapaces e rapazas escollerán a canción que máis lles gusta, valorando a música, posta en escena, letra e interpretación. Do resultado da votación sairá a canción gañadora, que como premio terá a oportunidade de acudir ao Festival Scout de ASDE – Scouts de España representando a ASDE – Scouts de Galicia.

Pero o Festival pretende ser moito máis que un concurso musical. Quere ser tamén un espazo de convivencia no que mozos e mozas dos distintos Grupos Scouts compartan seu tempo coñecéndose, compartindo e divertíndose coas propostas de xogos e actividades que a organización ten previsto. Pola mañá, para incentivar a confraternización e a distensión terá lugar un gran xogo de ambientación musical no que as rapazas e rapaces percorrerán diversas postas nas que resolverán desafíos de enxeño, habilidade e coñecementos.

A partir das 16:15 horas abriranse ao público as portas de Auditorio do Centro Calvo Sotelo, que amablemente a Deputación Provincial da Coruña cedeu para a organización do evento, de xeito que calquera persoa que queira gozar do certame poida facelo.

Moita sorte a todos os Grupos Scouts participantes e moitas grazas ao Grupo Scout Hércules 283 da Coruña polo seu traballo como organizador do Festival este ano!



Un comentario a “Xa está aquí o XXXIV Festival Scout Galego”

  1. Xulio di:

    Moito ánimo a todas as persoas participantes para unha xornada especial no que en convivencia gañamos todos e todas!

Deixe un comentario