ASDE – Scouts de Galicia mostra o seu pesar

lazo-luto

Todos e todas os que formamos ASDE – Scouts de Galicia e connosco toda ASDE – Scouts de España, queremos facer chegar o noso máis profundo pesar ás familias, amigos e achegados das persoas que onte perderon a vida no accidente ferroviario en Santiago de Compostela.

Queremos facer chegar o noso afecto e comprensión a todos aqueles que están a pasar momento duros. Queremos tamén desexar una pronta recuperación a todas as persoas feridas.

Dende aquí invitamos aos nosos asociados a permanecer atentos a calquera demanda de colaboración que poida xurdir dende as autoridades ou as familias (doazón de sangue, aporte de materiais, colaboración técnica, etc.).

ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia



2 comentarios a “ASDE – Scouts de Galicia mostra o seu pesar”

  1. Arturo di:

    Mi familia y yo nos sumamos a vuestro pesar. Todo nuestro apoyo a las familias de las víctimas y nuestros mejores deseos para la pronta recuperación de los que están heridos.

  2. […] iso, imos remitirnos ao comunicado que a nosa Federación ASDE-Scouts de Galicia difundiu recentemente, e ao se sumaron tanto […]

Deixe un comentario