Celebramos a V Conferencia Scout Xeral

 – Participantes na V Conferencia –

Durante os días 20 e 21 de abril unha trintena de scouters (voluntarios adultos) de ASDE – Scouts de Galicia, estivemos a celebrar en Santa Cruz (Oleiros) a V Conferencia Scout Xeral, o noso máximo órgano de reflexión e debate, e no que marcamos liñas e políticas de actuación para a nosa ONGD.

Iste ano estivemos a traballar en dúas mesas:

– A permanencia dos scouters en ASDE – Scouts de Galicia: onde analizamos o papel do voluntariado adulto, o seu acceso e permanencia e as súas necesidades; e fixemos propostas de actuación cara ao futuro.

-Mesa de traballo de “A permanencia dos scouters”

– As actividades federativas en ASDE – Scouts de Galicia: traballamos sobre o deseño, contidos e estrutura das grandes actividades da Federación onde participan os nosos educandos, cunha perspectiva que vai máis aló do propio Grupo, xa que nas mesmas relaciónanse con rapaces e rapazas e mozos e mozas de todos os Grupos de ASDE – Scouts de Galicia.

-Mesa de traballo de “As actividades Federativas”

Tamén tivemos espazos de encontro e confraternidade para favorecer as relacións entre os scouters (voluntarios adultos) dos diferentes Grupos Scouts participantes. É de destacar a cea de confraternización, donde entre o bo xantar e as risas tamén se fai Federación.

-Momentos de distensión na cea-

No plenario presentamos as conclusións do traballo das mesas e aprobamos os documentos coas súas propostas de actuación. A innovación a actualización e o intercambio de boas prácticas marcaron as liñas futuras nambos documentos.

-Plenario da V Conferencia-

No marco do plenario o Equipo de Programas Educativos presentou a Campaña Mundial Pola Educación e distribuiu materiais didácticos sobre a mesma para o seu desenvolvemento nos Grupos Scouts. Tamén entregouse un No Gilwell, distintivo de formación e servizo.

-Presentación da “Campaña Mundial da Educación”-

-Entrega do No Gilwell a Ángel do GS Vasco da Ponte 636-

No acto de clausura Javier Castro, o noso Presidente Scout Xeral, salientou o gran traballo dos participantes e a vontade de atopar consensos para camiñar hacia unha mellor Federación, que ofreza aos educandos e aos voluntarios adultos un espazo de aprendizaxe e encontro para formar e formarse como persoas libres, coherentes e comprometidas.

-Clausura da V Conferencia-

Os Grupos Scouts participantes na V Conferencia foron:

– 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol

– San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña

– Chan 292 de Santiago de Compostela

MOITAS GRAZAS POLO TRABALLO REALIZADO!

Agradecemos tamén a presenza no acto de inauguración da V Conferencia, de representantes de Scouts de Galicia-Escutismo Católico Galego (escultismo confesional, membro do Movemento Scout Católico-MSC), entidade que, xunto á nosa Federación ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia (escultismo plural, membro de ASDE – Scouts de España), son as únicas representantes da Organización Mundial do Movemento Scout (OMMS) en Galicia.

-Cos compañeiros de SdG-ECG no acto inaugural-



Deixe un comentario