Aquelarre 2013, ou como afrontar as dificultades con alegría e optimismo

Hai unha semana os escultas (que somos os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos) fómonos de acampada.

Non se trataba dunha acampada calquera, senón que algo foi especial e diferente para case todos e todas nós, pois para moitos era o seu primeiro Aquelarre, para outros a súa primeira actividade federal con outros Grupos Scouts de ASDE-Scouts de Galicia, e para todos e todas foi algo que lembraremos sempre, polo emotivo que é unha actividade na que participamos scouts de diferentes Grupos.

Todo comezou a mediados de febreiro cando os representantes das Unidades Escultas participantes (Grupos San Jorge 33, Hércules 283 e Chan 292) reunímonos para comezar a darlle forma ao que foi o Aquelarre 2013.

A actividade tivo lugar en Narahío, nunha paraxe marabillosa que o Grupo Scout Hércules 283 puxo á nosa disposición e no que actuou como un fantástico anfitrión. Nela gozamos de actividades programadas e preparadas por nós mesmos, nas que a pesar da choiva non decaeu o ánimo e soubemos enchelas de risas e bos recordos. Traballamos temas como coñecemento e prevención de enfermidades de transmisón sexual, o consumo responsable, o uso axeitado das novas tecnoloxías de comunicación, entre outros; además de varios obradoiros, xogos, dinámicas e mesmo unha ruta a pé e un divertido concurso de cociña.

Tamén se realizou unha actividade de marcado sentido medioambiental, medainte a plantación dunha árbore por cada Grupo Scout participante. Así, o San Jorge 33 plantou un acivro mentres que o Hércules 283 plantou un bidueiro e finalmente o Chan 292 plantou un sabugueiro.

O Aquelarre foi unha gran experiencia que non sería posible sen a axuda e participación de todos e todas; por iso cómpre de novo agradecer as ganas e bo facer de todos os Scouters e escultas que participaron e que achegaron o necesario para lograr que o Aquelarre 2013 saíse adiante.

[NOTA: Podedes ver máis fotos do #Aquelarre2013 na nosa páxina de Facebook e nas páxinas web dos Grupos participantes]

SLPS

Como epílogo e resumo do que foi o #Aquelarre2013 aquí tedes un vídeo que elaborou o Grupo Hércules 283, ¡que o disfrutedes!



2 comentarios a “Aquelarre 2013, ou como afrontar as dificultades con alegría e optimismo”

  1. Para aquelas ou aqueles de vos que sexades máis curiosos tendes tamén un relato algo máis extenso e desenfadado na nosa web, concretamente en:

    http://gs283.scout.es/2013/04/escultas-vencen-a-chuvia-con-risas-e-bo-humor/

    Agardamos que vos guste!

  2. […] resumo das experiencias vividas polos mozos e mozas da Unidade Esculta do Grupo Scout Chan 292 no Aquelarre 2013 de ASDE-Scouts de Galicia, contada por eles mesmos en primeira […]

Deixe un comentario