Ven ao XXXIII Festival Scout Galego!!!

 



Este sábado 2 de marzo comeza o XXXIII Festival Scout Galego de ASDE – Scouts de Galicia, que nesta ocasión se celebrará no recinto ferial de FIMO na cidade de Ferrol, e que está organizado polo Grupo Scout 19.

A recepción dos Grupos será ás 11.00 hs. A continuación está previsto realizar unha saída en lancha pola ría e, xa pola tarde, comezará o certame musical ás 18.00 hs. Á noite, despois da cea, haberá actividades por ramas.

O domingo pola mañá celebraránse xogos e roteiros polos arredores, para finalizar co acto de clausura ás 16.30 hs.

O sábado pola maña está confirmada unha recepción institucional por parte da Alcaldía de Ferrol, na que estarán presentes os Coordinadores e Coordinadoras dos Grupos Scouts e o Presidente Scout Xeral.

A gozar todos e todas esta fin de semana desta gran festa scout !!!

E lembrade o hashtag que podedes empregar en twitter para falar desta actividade: #FestivalScoutGalego

 



Un comentario a “Ven ao XXXIII Festival Scout Galego!!!”

  1. […] Introduce tu e-mail para recibir las actualizaciones! Scouts de Galicia Ven ao XXXIII Festival Scout Galego!!! 26 de Febreiro de 2013Reunión do Consello Scout Xeral 25 de Febreiro de 2013Orgullo de ser scout […]

Deixe un comentario