Reunión do Consello Scout Xeral

O Consello Scout Xeral, composto polo Equipo Scout Xeral (Xunta Directiva) e os Coordinadores e Coordinadoras dos Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia, tivo unha sesión de traballo o domingo 24 de febreiro. O Grupo Scout Vasco da Ponte 636 de Ferrol, foi o anfitrión da reunión, cedendo o seu local.

O Consello non só é un espazo de traballo técnico, é un punto de encontro de voluntarios que prestan o seu servizo co mesmo espírito e compromiso co que outros scouters (educadores scouts) están a realizar nos Grupos cos nenos/as e mozos/as nas actividades. Todos xuntos traballando para contruír un mundo mellor.

 



Deixe un comentario