Reunión da Mesa de Coordinación das Federacións “ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia” e “Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego”

O 13 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela, unha reunión da Mesa de Coordinación das dúas únicas entidades scouts oficiais en Galicia que están recoñecidas pola Organización Mundial do Movemento Scout (OMMS): a Federación ASDE – SCOUTS DE GALICIA – EXPLORADORES DE GALICIA que representa ao escultismo plural en Galicia e está vencellada a ASDE – Scouts de España e a Federación SCOUTS DE GALICIA – ESCUTISMO CATÓLICO GALEGO que representa ao escultismo confesional en Galicia e está vencellada ao Movemento Scout Católico (MSC).

Tratáronse varios temas relacionados co escultismo galego, a nova Lei de Xuventude, o plan INCUAL que afecta as nosas Escolas, a comunicación exterior e outros.



Deixe un comentario