Convenio entre ASDE – Scouts de Galicia e Education First

Convenio con EF

A empresa Education First, firma internacional dedicada á formación en idiomas, convértese en colaborador de ASDE – Scouts de Galicia. Nos pasados días, procedeuse á firma do convenio entre as dúas institucións, polo que a empresa apoiará os programas educativos que realizan os Grupos Scouts galegos.

As características principais deste acordo son as seguintes:

  • Todos os membros de ASDE – Scouts de Galicia xa poden gozar da exención no pago da matrícula nos cursos de EF, indicando simplemente a súa pertenza á federación.
  • Os membros de ASDE – Scouts de Galicia que queiran poden tamén unirse ao club Vip EF. Trátase de ir colaborando con EF nunha serie de accións, pola que cada rapaz irá recibindo uns puntos que poderá trocar por produtos da FNAC, descontos en Inditex ou mesmo unha viaxe de EF.
  • EF proporcionará camisetas coa súa logo e a imaxe que desexe ASDE – Scouts de Galicia para determinados programas.

ASDE – Scouts de Galicia quere agradecer o esforzo de Education First e a súa implicación para axudar na realización dos programas e actividades educativas da entidade.

A federación pretende  avanzar no futuro con este tipo de convenios  con empresas que concorren cara a un interese mutuo.