Xa queda pouco para o Nadal, e con el volve o II concurso de “Postais do Nadal Scout”. Un espazo dedicado para que os scouts e scouters poidan expresar a súa creatividade mediante unha postal que exprese o espírito Scout no Nadal.
Quen pode participar?
É un concurso aberto a tódolos públicos e poderá participar toda postal non premiada noutros premios. A participación será válida tanto de nenos, adultos, grupos scouts, etc. Tódalas persoas poderán presentar tantas postais como queiran.
Que temática deberá ter?
Permítese todo tipo de postais alusivas ao Nadal e aos Scouts, e valorarase a orixinalidade e a capacidade creativa.
Ata cando teño de prazo?
O prazo para presentar as postais abrirase o luns 13 de novembro e pecharase o luns 11 de decembro do 2017, ambos inclusive.
Que formato debe ter?
O formato da postal será de A5, medio folio. Poderá realizarse tanto en sentido horizontal coma vertical.
O soporte material será en formato físico -papel, cartolina, ou outro elemento de papelería-, ou formato dixital. A técnica a empregar será libre.
Como a presento?
Se está en formato físico deberase deixar ou enviar á Oficina de ASDE – Scouts de Galicia (Rúa Fray Pedro Payo Piñeiro, 12, 15009 A Coruña)
Se está en formato dixital enviarase a [email protected]
Cal será a gañadora?
Haberá un Xurado que estará formado por un número de persoas designadas polo Equipo de Comunicación de Scout Xeral e o fallo será inapelable.
Cal é o premio?
A postal do Nadal gañadora utilizarase para felicitar as festas en nome de ASDE – Scouts de Galicia e recibirá de premio un lote de xogos de mesa.