INDABA 2016!

Do 3 ao 6 de decembro terá lugar en Guadarrama, Madrid, a INDABA 2016, un gran encontro formativo de Scouts de España que de seguro vos interesará.

Esta INDABA centra o seu traballo en catro temáticas:

Formación para cadros directivos de OO.FF., Formación en Prevención e Emerxencias (Kotick), Formación en Recoñecemento e Competencias (ERCE) e Formación sobre Novo Sistema de Programas (Educación Scout). Son oportunidades formativas para enriquecernos de forma individual, e ao mesmo tempo á nosa Federación permitindo seguir avanzando conxuntamente cara á mellora, se cabe, da nosa xestión e planificación de actividades gracias ao traballo de todos e todas mediante un posterior feedback da información; sumado a esto a xa citada experiencia de participación en actividades nacionais e enriquecemento e intercambio de experiencias máis aló da nosa Comunidade entre outras moitas actividades.

A preinscrición farase mediante o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/en4BxWNCohYMiK3w1, estará aberta ata o vindeiro luns 14 de novembro. Entre outras cuestións este formulario permitiranos validar previamente as candidaturas e ao mesmo tempo xestionar os desprazamentos e inscricións conxuntamente, ademais de, neste caso, velar polo cumprimento dos perfís e prazas otorgadas mediante un criterio numérico en caso de empate.

Ademais, celebraremos o Concurso de Curtametraxes e o de Fotos Scout, unha Cea Interrexional, unha Feira de Boas Prácticas de Voluntariado, unha Actividade Lúdica e espazos de plenario e propostas . Non volo podedes perder!

 

ASDEGA.Gal



Deixe un comentario