Xornadas Escultas 2016

O pasado domingo 8 de maio, as Unidades dos Grupos Scout San Jorge 33, Semente 597 e Vasco da Ponte 636, realizaron un servizo nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo pertencente á Xunta de Galicia, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.

O traballo alí realizado foi a contribución á mellora dos hábitats que se están a desenvolver froito da xestión das augas residuais dos establos e granxas de animais que alí teñen.
O centro está a desenvolver un plan de aproveitamento das augas recollidas, co obxectivo de empregalas, despois de sanealas dun xeito natural, para a creación de hábitats para diferentes especies de aves, mamímeros e reptís.
O noso traballo foi axudar na plantación de especies autóctonas froiteiras que servirán de alimento, de arbustos para dar cobixo aos animais,…
Tamén aproveitamos para facer un roteiro interpretativo polas instalacións e coñecer a técnica do fototrampeo.
Unha xornada moi ben aproveitada, de servizo para contribuir a un mundo mellor.
Grazas a todos e a todas!!!!


Deixe un comentario