Os días 1, 2 e 3 de maio, GS 19 ten representando ASDE-Scouts de Galicia no XLI Festival Scout de ASDE-Scouts de España, no que se cambiou COMPETIR por COMPARTIR.
Todo o Festival se realizou no parque Juan Carlos I da localidade de Pinto (Madrid), un recinto moi amplo e cómodo. Xa dende o primeiro momento puideron gozar dunha mestura de acentos e costumes diferentes! e ao final da mañá desprazáronse a ritmo de gaita á praza do Concello onde tivo lugar a inauguración do Festival.
Pola tarde tivo lugar o certame musical que se celebrou no auditorio do propio parque e cargados de ánimo e ilusión capearon a calor e gozaron animando, bailando e cantando coas cancións dos outros Grupos e dos artistas invitados que amenizaron os intermedios.
Por suposto, tamén interpretaron a canción “Folla de Ruta”, deixámosvos a foto dun dos momentos da actuación.
Tras un dispendio de calidade sobre o escenario e moita animación nas bancadas, resultou gañador o Grupo Scout 242 Cruz del Sur, representante de Murcia. Parabén a todos eles!! A verdade é que o fixeron fenomenal.
O sábado pola mañá tiñan preparados diversos xogos por Seccións, coñeceron moitos scouts doutros Grupos e como sempre, aprenderon cousas novas. Pola tarde formaron un mosaico cos seus corpos que foi fotografado por un auténtico dron creado co máximo enxeño scout e despois visitaron a Feira de Proxectos na que as Organizacións Federadas presentaron as distintas iniciativas que levan a cabo para traballar a Cooperación, o Desenvolvemento, a Coeducación, a Ecoloxía…
Despois de cear en auditorio puideron gozar duns concertos chulísimos.
O domingo regresaron encantados de poder ter gozado esta experiencia tan positiva.