Recibimos a visita dun grupo de Scouters suízos

Esta semana recibimos en Santiago de Compostela a visita dun grupo de Scouters (voluntarios adultos) suízos membros do Grupo Scout “80 Jahre Pfadi St. Georg Gossau-Niederwil” membro da “Pfadibewegung Schweiz” (Scouts de Suiza). Foron recibidos polo noso Secretario e Responsable de Internacional e un Scouter do Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela, cos que visitaron os locais de dito Grupo e coñeceron a cidade.

O obxecto da súa visita foi o de facer un primeiro contacto con ASDE – Scouts de Galicia, xa que no verán de 2015 virán a facer un campamento na costa da Ría de Muros e Noia. Na seguinte ligazón poderedes encontrar información sobre os seu proxecto: www.espana15.ch.

Animamos a todos os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia a contactar con eles.

Dende aquí mandamos un agarimoso saúdo scout aos nosos visitantes e esperamos velos de novo o ano que ven!

DSC_3998

 



Deixe un comentario