A Oficina Scout Xeral rematou a súa reorganización

A Oficina Scout Xeral (OSX), sede da nosa Federación, estivo a ser reorganizada estes últimos meses. Estivemos a traballar nela para convertela nun espazo máis cómodo para o traballo do Equipo Scout Xeral, da nosa Técnico e dos scouters (educadores scouts) que por mor das actividades federativas alí reúnense. O seu enderezo é:

ASDE – Scouts de Galicia

r/ Fray Pedro Payo Piñeiro, 12 – BxA

15009 A Coruña

Tel. 981280594

Estaremos encantados de atendervos na mesma!



Deixe un comentario