Canadá. Crónica scout en Haliburton (Grupo Scout Chan 292).

O campamento Haliburton é unha reserva natural en Canadá, na provincia de Ontario. Alí convivín durante unha semana cun Grupo de Scouts de Canadá chamado 14th Barrie. Estábamos acampados nunha illa (Pal Point) dentro dun lago e tíñamos que desprazarnos en canoa para ir dun sitio a outro. Alí fan actividades moi distintas das que soemos facer nós, e tamén organízanse de diferentes  maneiras. O campamento durou unha semana e facíamos actividades como kayak, vela, rápel, submarinismo, tiro, arco, ciclismo, etc. Tiñan un mercado para intercambiar insignias de diferentes lugares e actividades. No noso tempo libre algúns tamén íamos pescar no lago. O último día todos os Grupos que estábamos nesa reserva (aproximadamente 400 scouts) fixemos unha gran regata con xogos acuáticos.

A experiencia foi moi gratificante ao convivir con outros scouts dun país diferente, xa que aprendín moitas cousas e leveime un bo recordo de alí.

Moitas grazas a Pablo Álvarez (ASDE – Scouts de Galicia) por axudarme a contactar co Grupo, a Barry e Lucy (Scouts de Canadá) por ofrecerme esta oportunidade e a todo o Grupo Scout 14th Barrie.

Sempre Listos.

Andrés Álvarez Carou (scout do Grupo Chan 292 de Santiago de Compostela).



Deixe un comentario