Durante a mañá do pasado sábado 20 de outubro, 15 mozos da Tropa do Grupo Scout Semente, da Coruña, levaron a cabo as actividades coñecidas como Jamboree on the Air (JOTA) e Jamboree on the Internet (JOTI), promovidas a nivel internacional pola Organización Mundial do Movemento Scout para fomentar o contacto entre os rapaces por estes dous medios.
O obxectivo consistiu en coñecer o funcionamento de diferentes grupos scouts noutros paises e o de achegar a nosa cultura e tracidiones ao resto do mundo. Non foron unicamente conversacións, senón que realizáronse diferentes actividades para poder compartir vía internet e radio con outros grupos.
Para iso, o Grupo contou coas instalacións cedidas pola Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña para poder conectar por videoconferencia con diferentes scouts do mundo e polo medio radiofónico grazas ao Club de Radio Scout Oza.
Nun dos xogos propostos a nivel mundial, o JamPuz, os nenos acadaron o nivel 6 ao lograr contactar con 30 grupos de diferentes partes do mundo. A Tropa recibiu o certificado desde logro, asinado polos responsables do JOTA – JOTI.
Os scouts do Grupo Scout Semente, membro de ASDE – Scouts de Galicia, amosáronse moi interesados na actividade. Tanto foi así que logo, na súa casa, algún continúo chateando a través de internet.