INDABA 2012 – Xestión Ética en ASDE – Scouts de Galicia

Máis de 30 scouters dos Grupos 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol, San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña, Chan 292 de Santiago de Compostela e do Equipo Scout Xeral están a debater e a traballar na Ética da nosa ONGD.

Tomando como base o Código Ético de ASDE – Scouts de España aprobado na VI Conferencia Scout Federal, os scouters presentaron supostos de conductas e situacións ás que se enfrontan na súa tarefa educativa e de servizo decidindo cal era a solución que considérase ética acorde á propia ética da organización. Xurdiron interesantes debates e confrontáronse ideas e opinións para, entre todos, buscar solucións no marco valórico que o Escultismo promove, pensando sempre no que é mellor para os nenos/as e mozos/as que son scouts nos nosos Grupos, as súas familias e todas aquelas persoas ou entidades coas que nos relacionamos.

Estanse a decidir tamén cales son os pasos que debe dar ASDE – Scouts de Galicia con respecto a súa xestión ética, concrecións do Código Ético, directrices comúns de actuacións, seguimento do Código, etc. elevando propostas de traballo e decisión para os propios Grupos e os órganos da Federación.

No camiño de facer Federación as sesións de traballo sumouse unha cea de confraternidade de todos os participantes, onde nun contexto informal potenciáronse as relacións interpersoais e o coñecemento mutuo entre os scouters que, prestando servizo en distintos Grupos, traballamos pola mesma Misión na procura dun mundo mellor.

 

 



Deixe un comentario