Medio centenar de scouts, entre rapaces, educadores e equipo de apoio, participaron no Camporee celebrado entre os días 31 de marzo e 2 de abril nas instalacións do Campamento xuvenil de A Espiñeira (Boiro).
Os participantes, procedentes dos Grupos 19 e Vasco da Ponte (Ferrol), San Jorge 33 (A Coruña) e Chan 292 (Santiago) puideron desfrutar de tres xornadas de escultismo e obradoiros, xogos e actividades ó aire libre, nas que se traballaron fundamentalmente sobre a concienciación da importancia da preservación do medioambiente e o aprendizaxe de técnicas de campismo e orientación, pero tamén abordáronse cuestións como a tolerancia e a convivencia e o mutuo respeto ou o desenvolvemento de hábitos de vida saudables.
Unha das principais actividades realizadas foi unha marcha seguindo a Ruta do Castelo de Vitres (sendeiro PR -146). A ruta requeriu certo esforzo pola súa ascensión, pero sen dúbida pagou a pena xa que levou ós participantes a poder desfrutar dunhas espectaculares vistas do Barbanza e da Ría de Arousa.
Os rapaces viviron con moita intensidade estes días e finalmente se despediron uns dos outros cunha certa tristeza pero con moitas gañas de volveren a compartir un espazo de convivencia en vindeiros eventos e actividades que están preparando ASDE-Scouts de Galicia e os seus Grupos.