Os catro días festivos da Semana Santa foron aproveitados por case un centenar de scouters (educadores scouts) e formadores de ASDE – Scouts de España, para seguir ampliando a súa formación co obxectivo de mellorar as súa capacitación para acompañar aos nenos, nenas e xoves, que nos seus respectivos Grupos Scouts desenvolven actividades e experiencias, para formarse como persoas libres e comprometidas, co servizo como referencia.
Dende ASDE – Scouts de Galicia acudimos oito scouters, catro aos Cursos Específicos, dous ao curso de Formador de Scouters e otros dous ao curso de Formador de Formadores.