Tralo proceso de transformación dos nosos Grupos Scouts en asociacións con personalidade xurídica propia e un amplo traballo de consenso na elaboración duns novos estatutos, a nosa ONG modifica o seu status xurídico e adopta a estructura dunha federación de asociacións. O sábado 19 de febreiro, todos os Coordinadores de Grupo e o Equipo Scout Xeral provisional, asinaron a acta de constitución.