Os pasados días 21 a 24 de outubro ASDE – Scouts de Galicia estivo presente na “I Feira Galega do Voluntariado”, organizada pola Xunta de Galicia no centro comercial Área Central de Santiago de compostela. Na mesma démonos cita ata medio centenar de asociacións e ONGs. No noso caso o principal obxectivo era presentar a nosa proposta educativa aos voluntarios interesados na intervención social e ao público en xeral.
O posto da nosa ONG cumpriu a súa misión, rompendo estereotipos sobre o escultismo e facéndoo cercano, cunha imaxe actual e, sobre todo, cunha mensaxe clara en favor dunha acción transformadora na busca dun mundo mellor…
…estamos cambiando o mundo, e precisamos a túa axuda.