Éxito da Conferencia Scout Xeral

Fin de semana intensa e histórica en Gandarío: duas Asambleas, un Consello e unha Conferencia Scout Xeral que marcarán o futuro.

Case 40 scouters (educadores scouts voluntarios) traballaron para fixar as tarefas dos próximos anos en materia de…

Crecemento, para que a nosa acción educativa chegue a máis xente e coa mellor calidade posible, e…

Servizo, para intentar que está acción educativa se reflicta nunha mellora constante do mundo no que vivimos a través da solidariedade e sen esperar recompensa.

Ademáis, deuse un paso máis cara a transformación de ASDE – Scouts de Galicia nunha federación de asociacións (grupos scouts) aprobando os que serán os seus estatutos despois de máis dun ano traballando neles.

Houbo lugar tamén para os encontros e o intercambio de experiencias entre scouters e contamos coa presencia de Julio del Valle, Presidente Scout Federal de ASDE. Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita e apoio ó proxecto de ASDE-Scouts de Galicia.