O pasado 25 de Abril reuníronse en A Coruña rapaces e rapazas das Unidades Esculta (14 a 17 anos) e Clans (18 a 21 anos) de distintos grupos scouts de Galicia.
Comezaron o día visitando o local social da ONG “Ecodesarrollo Gaia” para coñecer as suas actividades. Os participantes, baixo o lema “Pon tu granito”, colaboraron aportando cada un 1 kg de arroz e 1 lapis, para axudar os estudantes da escola “A Coruña” situada en Senegal e creada por esta ONG.
Ao mediodía, os escultas e rovers disfrutaron dunha comida intercultural preparada por eles mesmos.
Xa chegada a tarde, e en colaboración co “Foro de Inmigración”, fixeron diversas actividades de concienciación.
Todo o mundo coincidiu en que foi unha experiencia moi boa e que esperamos repetir. Moitas gracias a todos os que colaborastes nesta Xuntanza!