Os días 17 e 18 de marzo tivo lugar na Coruña o XXXII Festival Scout Galego

Trinta e dous edicións de encontros, de participación, de servizo e de sorrisas. Organizado polo Grupo Scout Semente 597, cinco Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia acudiron á cidade da Coruña dende Ferrol (Grupos 19 e Vasco da Ponte 597), Santiago de Compostela (Grupo Chan 292) e a propia cidade anfitriona (Grupos San Jorge 33 e o organizador Semente 597).

O sábado, os case tres centenares de nenos/as e mozos/as scouts e os seus scouters (voluntarios/as adultos), visitaron distintos puntos de interés da cidade, incluíndo os Museos Científicos Coruñeses. Pola tarde tivo lugar o Festival da Canción Scout do que resultou gañador o Grupo Scout 19 de Ferrol, que representaranos no Festival Scout de ASDE – Scouts de España en Zaragoza no mes de maio.

Durante o Festival contamos coa visita do Conce lleiro de Educación, Deportes e Xuventude  D. Francisco Mourelo que representou ao Concello da Coruña, entidade áque agradecemos a súa inestimable colaboración.

Xa pola noite desenvolveronse actividades relacionadas coa educación vial e o domingo tiveron lugar as Olimpíadas Scouts donde os equipos formados por membros de diferentes Grupos Scouts aprenderon a disfrutar da competición limpa e a traballar en equipo.

 



2 comentarios a “Os días 17 e 18 de marzo tivo lugar na Coruña o XXXII Festival Scout Galego”

  1. […] inesquecibles días nos que celebramos o XXXII Festival Scout Galego (no que o Grupo Chan acadou dous premios) pero que tamén serviron para realizar unha quenda de […]

  2. Miguel Costas di:

    ¿Que é do Hércules 283 da Coruña?

Deixe un comentario