A próxima fin de semana, 13 e 14 de marzo de 2010, terá lugar o 30º Festival Scout Galego na cidade de Santiago de Compostela.
Comezaremos con forzas cun gran xogo durante toda a mañá para descubrir a cidade, rematando, como non podía ser doutra maneira, na Praza do Obradoiro. Pola tarde celebrarase o certame musical no Colexio La Salle onde participarán os distintos grupos scouts de Galicia cantando e animando.
O domingo, teremos as Olimpiadas scouts: ¡deporte e diversión asegurada!
Unha gran fin de semana de convivencia, valores, diversión e amizade.