ASEMBLEA SCOUT GALEGA DE MAIO 2024

Asemblea Scout galega é un evento importante onde os membros do equipo Scout Galego se reúnen cos membros dos grupos scouts da OF para revisar as actividades e actuacións realizadas durante o ano pasado.

Nesta última asemblea do 26 de maio celebrada en Santiago de Compostela, máis concretamente no local do Grupo Scout Chan, presentouse a Memoria 2023 e compartiuse o informe das actividades desde a anterior asemblea de febreiro. Detallando a avaliación do Iahoo – Chapoteo do os pasados 13 e 14 de abril.

Tamén discutiuse o estado das contas federativas e abordáronse as necesidades dos grupos asistentes, e finalizando cunha quenda de rogos e preguntas.

Foi unha xornada moi produtiva e informativa para a comunidade scout en Galicia.

 



Deixe un comentario