Nova páxina web!
Temos nova páxina web!
Por fin temos nova páxina web! Damos un paso adiante para renovar a nosa fiestra dixital, adaptándonos ás necesidades actuais da federación e ofrecendo un espazo moito máis accesible, moderno e útil para todas as persoas que forman parte da familia de Scouts de Galicia.
Queremos que calquera persoa interesada en achegarse por primeira vez a nós atope con facilidade a información para ser scout ou facer voluntariado educativo, localizando rapidamente os nosos Grupos Scout repartidos polo territorio. Ao mesmo tempo, a plataforma nace como un soporte de referencia directo para as nosas persoas asociadas, equipos de scouters e familias.
Na nova web poderás consultar en profundidade a nosa identidade: a nosa misión, visión e valores, ao Equipo Scout Galego e a pertenza federativa a ASDE Scouts de España), así como todo o que engloba o noso labor educativo, incluíndo o Programa educativo, as actividades federativas e os cursos de formación da nosa Escola Scout. Tamén poñemos á túa disposición espazos con recursos didácticos, estatutos, código ético, protocolos de protección da infancia e canle de denuncias entre outros recursos.
Esta web non é un documento estático nin pechado: é un proxecto vivo que iremos actualizando de xeito continuo coas actividades, campañas, encontros e a vida activa de toda a federación.
Como o scoutismo é algo que se construe entre todos e todas, estamos completamente abertos a calquera proposta ou suxestión de mellora. Se botas en falta algún material, tes ideas ou detectas calquera aspecto optimizable, fainolo saber a través da nosa canle de contacto.
Esperamos que vos guste e que desfrutedes navegando polo novo fogar dixital do scoutismo galego!


