Curso de Guías e Subguías 2026

Durante os días 7 e 8 de novembro de 2026, Santiago de Compostela acolleu o Curso de Guías e Subguías de ASDE Scouts de Galicia, un encontro formativo clave para a mocidade da Sección Scout.

Fotografía conxunta das persoas participantes e equipo formador do Curso de Guías e Subguías 2026 en Santiago de Compostela Ampliar foto
Fotografía conxunta do Curso de Guías e Subguías celebrado en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de novembro de 2026.

A Federación ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia celebrou os días 7 e 8 de novembro en Santiago de Compostela unha nova edición do Curso de Guías e Subguías. Durante esta fin de semana de convivencia e aprendizaxe, mozas e mozos de distintos Grupos Scout da Federación aprenderon sobre liderado educativo e o funcionamento das patrullas.

Esta cita anual busca dotar as persoas que asumen responsabilidades nas súas patrullas de ferramentas prácticas para acompañar, motivar e dinamizar aos seus compañeiros e compañeiras, fortalecendo así o sistema de patrullas como peza esencial do método educativo scout. Asumir o papel de guía ou subguía supón unha oportunidade única para medrar en autonomía, responsabilidade e compromiso co ben común.

Liderado compartido e traballo en equipo

O programa combinou dinámicas participativas, obradoiros prácticos e outras actividades de utilidade. A través do xogo e da acción, as guías e subguías traballaron aspectos fundamentais como a escoita activa, a toma de decisións en grupo, a resolución de conflitos e os primeiros auxilios básicos.

O curso serviu tamén para que a mocidade de diferentes puntos de Galicia intercambiara experiencias do seu día a día nos grupos e construir redes de amizade e que van máis aló da propia fin de semana.