Actividades Federativas
As actividades federativas son espazos fundamentais onde os diferentes grupos de ASDE Scouts de Galicia se reúnen. Estas experiencias promoven a convivencia, a aprendizaxe mutua e o servizo comunitario.
Encontro
Gran actividade asociativa que reúne a todos os Grupos Scout de Galicia nun espazo de convivencia global.
Chapoteo
Encontro federativo para as e os máis pequenos, repleto de xogos e obradoiros na natureza. Un sitio onde poder compartir con outros Grupos Scout.
Iahoo
Gran cacería federativa chea de xogos, aventuras, retos e aprendizaxes. Unha oportunidade para coñecer novas persoas e formar lazos xuntos para ser unha gran familia feliz.
Camporee
Un momento para competir xuntos en patrullas formadas por integrantes de distintos Grupos Scout. Un espazo para aprender a traballar en equipo e superarse a un mesmo.
Curso de Guías e Subguías
Formación específica para líderes de patrulla, enfocada no liderado positivo e na aprendizaxe de diferentes habilidades útiles no seu día a día.
Akelarre
Acampada con actividades focalizadas nos intereses das Unidades Esculta dos Grupos Scout de Galicia onde a propia rapazada e a encargada do deseño e desenvolvemento das actividades.
Ruta Rover
Marcha en ruta por paraxes naturais de Galicia. Reflexión, superación en equipo e servizo á comunidade.
Foro Rover
Foro onde a xuventude scout debate e elabora propostas para a transformación social.

