Estrutura Federativa

Coñece a estrutura orgánica, os órganos de goberno, xestión e participación e a base asociativa de ASDE Scouts de Galicia

É o máximo órgano soberano de goberno, decisión e representación democrática de ASDE Scouts de Galicia, onde residen as directrices fundamentais da Federación.

Funcións Principais
  • Orientar e aprobar as liñas xerais de actuación da Federación.
  • Aprobar e modificar Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno da Federación.
  • Aprobar os documentos de xestión económica (orzamentos) e fiscalizar as contas anuais, así como fixar as cotas a aportar polos Grupos Scout.
  • Elixir e cesar ao Equipo Scout Galego.
  • Acordar a admisión como asociados de novos Grupos Scout.
Composición: Presidencia Scout Galega, Secretaría Scout Galega, membros do Equipo Scout Galego e as delegacións representativas dos Grupos Scout de pleno dereito e en formación.

É o máximo órgano de goberno e administración ordinaria da Federación cando a Asemblea Scout Galega non se atopa reunida, coordinando a política asociativa conxunta.

Funcións Principais
  • Convocar á Asemblea Scout Galega e velar pola correcta execución dos seus acordos.
  • Aprobar e modificar o anteproxecto do orzamento elaborado pola Tesouraría para remitilo á Asemblea.
  • Elaborar e aprobar o calendario de reunións, actividades xerais e eventos da Federación.
  • Supervisar a actividade do Equipo Scout Galego e ratificar os nomeamentos de novos cargos ou colaboradores.
  • Aprobar a convocatoria da Conferencia Scout Galega e resolver cuestións que afecten á marcha asociativa.
  • Outorgar recoñecementos e impoñer as sancións que correspondan no seu ámbito competencial.
Composición: Presidencia Scout Galega, Coordinacións de todos os Grupos Scout federados, Secretaría, Tesouraría e resto de membros electos do Equipo Scout Galego.

Xunta directiva e órgano executivo responsable da administración ordinaria, xestión de áreas e representación institucional da Federación.

Funcións Principais
  • Executar e dinamizar os acordos adoptados pola Asemblea, o Consello e a Conferencia.
  • Dirixir a xestión económica, operativa, documental e laboral da Oficina Scout Galega.
  • Representar á Federación ante administracións, redes xuvenís e ASDE Scouts de España.
  • Coordinar os ámbitos estratéxicos: Educación Scout, Voluntariado, Crecemento, Protección á Infancia…
  • Presentar anualmente a memoria de actividades, informes de xestión e anteproxecto orzamentario.
Composición: Presidencia, Secretaría, Tesouraría, Vicepresidencia e vogalías das distintas áreas.

Órgano de reflexión, estudo e avaliación profunda das políticas xerais, pedagóxicas e plans estratéxicos comúns á Federación.

Funcións Principais
  • Debater, elaborar, formular e avaliar os plans estratéxicos federais a medio e longo prazo.
  • Adaptar á realidade asociativa de Galicia as directrices estratéxicas de ASDE Scouts de España.
  • Establecer diagnósticos e avaliar o impacto das políticas educativas e comunitarias da Federación.
  • Articular mesas temáticas de traballo para a innovación e mellora do Escultismo galego.
Composición: Delegacións proporcionais de scouters dos Grupos Scout e persoas asociadas infantís e xuvenís (se a convocatoria así o dispón).

Órgano de coordinación, planificación operativa e orientación metodolóxica para o inicio e desenvolvemento de cada Rolda Solar.

Funcións Principais
  • Establecer as liñas de actuación e prioridades de traballo da Federación en cada Rolda Solar.
  • Definir o calendario anual, deseñar actividades federais e designar as persoas responsables.
  • Coordinar o labor pedagóxico entre as ramas e seccións metodolóxicas dos Grupos.
  • Analizar a realidade dos Grupos e facilitar a distribución equitativa de tarefas federais.
  • Integrar a proposta formativa formulada polo Claustro da Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM).
Composición: Scouters de todos os Grupos Scout da Federación e o Claustro de Formación da ESIM.
Base Asociativa da Federación

Grupos Scout

Asociacións prestadoras de servizos á xuventude con personalidade xurídica propia. Constitúen as células básicas e fundamentais para o desenvolvemento directo do Método Scout coa infancia e a mocidade no día a día, sendo o alicerce sobre o que se erixe toda a representatividade e soberanía da Federación.