Escola Scout
Insignia de Madeira
Ampla experiencia na formación en educación non formal no tempo libre. Recoñecida oficialmente na Comunidade Autónoma de Galicia e pertencente a ASDE Scouts de Galicia.
Que facemos
Adaptámonos ás necesidades detectadas no noso campo de traballo. A nosa actividade formativa estrutúrase en tres bloques principais:
Cursos Oficiais
Normativa de Galicia
- Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
- Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre
- Curso de Pedagoxía Scout (común e específico)
Formación Scout
Metodoloxía ASDE
- Curso de «Nó Gilwell»: Etapa básica. Complementa a formación de Monitor/a coa nosa pedagoxía.
- Curso de «Insignia de Madeira»: Etapa avanzada para coordinación de sección ou Grupo.
Cursos Monográficos
Especialización (4-16h)
- Xestión e administración
- Saúde e primeiros auxilios
- Alimentación saudable e campismo
- NEAEs (TEA, TDAH, AACC)
Requisitos e Contacto
Queres mellorar o teu traballo diario coa infancia e a mocidade?
Para acceder á formación é necesario ter, como mínimo, 18 anos.
Formación impartida por persoal voluntario experto na materia.
Contactar coa Escola
