Apúntate! Fai voluntariado

387061_4384155402960_599603557_n

Todas as actividades de ASDE – Scouts de Galicia son levadas a cabo por adultos voluntarios/as cunha formación adecuada.

Se…

  • Tes máis de 21 anos
  • Queres coñecer o scoutismo
  • Necesitas facer as túas prácticas de monitor ou director de tempo libre
  • Te interesa a educación non formal
  • ….

A continuación tes as funcións básicas que debes realizar ademais de calquera outra que xurda do teu compromiso e dos proxectos en marcha dentro do Grupo:

  • Organizar, realizar e avaliar as actividades da sección educativa.
  • Realizar un seguimento individual da progresión de cada educando.
  • Trasladar a realidade da sección ao resto de membros do Consello de Grupo.
  • Relacionarte coas familias dos educandos nun clima de confianza e colaboración.
  • Dar exemplo de vivencia do Espírito Scout na sección e o grupo.
  • Formarte para ofrecer a máxima calidade no teu labor educativo.

Que formación necesitas?

É posible que comeces o teu labor de scouter sen obter as titulacións oficiais (a condición de que o resto do propio equipo dispoña delas e cubran as necesidades legais) aínda que deberás de realizar os cursos necesarios para obter:

  • Título de Monitor de Tempo Libre
  • Título de Formación Scout

…podes unirte a nós como voluntario/a a través dun dos nosos grupos scouts. Esperámoste!