Cursos 2009-2010

Curso de Monitor/a de Tempo Libre

Como cada ano, a Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM) organiza un curso para obter o título de Monitor/a de Tempo Libre da Xunta de Galicia. Ademáis, proporciona a formación scout de Nó Gilwell.

Este curso consta dunha etapa teórica de 200 horas repartidas en varios módulos de fin de semana e unha etapa práctica a realizar nalgunha entidade de tempo libre durante tres meses ou durante 15 días nun campamento autorizado pola Xunta de Galicia.

ASDE-Scouts de Galicia ofrece a posibilidade de realizar esta etapa práctica nalgún dos seus grupos scouts ao rematar o curso.

Datas e lugares

O curso impártese en varios módulos de fin de semana repartidos ó longo do ano. O lugar, dependendo do módulo, será Présaras (Vilasantar, A Coruña) ou o Albergue de Gandarío (Sada, A Coruña)

Módulo

Datas

Formación Básica en Escultismo 7-8 Novembro 2009
Metodoloxía de seccións 21-22 Novembro 2009
Programación e Sistemas de Programas 9-10 Xaneiro 2010
Educación para a Saúde 16-17 Xaneiro 2010
Expresión e Animación 6-7 Marzo 2010
Dinamica de grupos e Comunicación 8 Maio 2010
Socorrismo e Primeiros Auxilios 9 Maio 2010
Educación Ambiental 15-16 Maio 2010
Aire Libre (campismo, campamentos) 4-8 Agosto 2010

Matrícula e prezos

Podes matricularte ata o día 5 de Novembro a través do email que aparece no apartado seguinte.

O prezo total do curso é:

  • Socios de ASDE-Scouts de Galicia: 210€
  • Non socios: 250€

Máis información

Se estás interesado en facer este curso envíanos un email á dirección admin.esim@gmail.com e remitirémosche máis información.