Escola Scout Insignia de Madeira
A Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM) proporciona a formación que necesitan os voluntarios adultos para exercer coma educadores scouts (scouters).
Cada ano, convoca un curso de “Nó Gilwell”, que é a etapa básica que todo educador scout necesita. Ademáis de recibir a formación scout, os educadores reciben a formación en tempo libre necesaria para obter o Título de Monitor de Actividades de Tempo Libre da Xunta de Galicia.
Tamén organiza cursos de “Insignia de Madeira”, etapa máis avanzada dirixida a aqueles educadores que coordinarán un equipo de sección ou un grupo scout. Nesta etapa profundízase no coñecemento da metodoloxía scout e ademáis recíbese a formación para obter o Título de Director de Actividades de Tempo Libre da Xunta de Galicia.
Ocasionalmente, organiza cursos monográficos de xestión de grupos scouts: tesourería, secretaría,…

