Coñécenos

ASDE – Scouts de Galicia, é unha Organización Non Gobernamental sen ánimo de lucro, independente e plural.

Apoiada por adultos voluntarios convintemente formados, ten carácter educativo – formativo no tempo libre infantil e xuvenil.

ASDE – Scouts de Galicia, favorece o desenvolvemento do escultismo en Galicia, a través de programas educativos nos ámbitos da educación para a paz e o desenvolvemento; a igualdade de oportunidades, a integración e a inserción laboral; a educación medioambiental; o consumo responsable e o uso axeitado das novas tecnoloxías e a educación viaria.  Todos eles dende a perspectiva da educación non formal.

ASDE-Scouts de Galicia forma parte da “Federación de Asociacións de Scouts de España” (ASDE) e á “Organización Mundial do Movemento Scout” (OMMS) a través de ASDE.