Archive for the ‘Novas’ Category

Estamos cambiando o mundo… precisamos a túa axuda!!

1 de Xaneiro do 2010

Máis información

Curso de Monitor de Tempo Libre – Nó Gilwell

29 de Outubro do 2009

Novo curso da Escola Scout Insignia de Madeira para obter o título de Monitor/a de Tempo Libre da Xunta de Galicia e a formación scout de Nó Gilwell.

Máis información

¡Achégate! Inicio da Ronda Solar 2009-2010

1 de Setembro do 2009

Despois de todo un verán de campamentos e aventuras voltamos os nosos locais.

Actividades, obradoiros, amizade, campamentos, …  E sempre pensando en construir un mundo mellor!

Achégate a algún dos grupos scouts galegos!

I Xuntanza Intercultural (A Coruña)

27 de Abril do 2009

O pasado 25 de Abril reuníronse en A Coruña rapaces e rapazas das Unidades Esculta (14 a 17 anos) e Clans (18 a 21 anos) de distintos grupos scouts de Galicia.

Comezaron o día visitando o local social da ONG “Ecodesarrollo Gaia” para coñecer as suas actividades. Os participantes, baixo o lema “Pon tu granito”, colaboraron aportando cada un 1 kg de arroz e 1 lapis, para axudar os estudantes da escola “A Coruña” situada en Senegal e creada por esta ONG.

Ao mediodía,  os escultas e rovers disfrutaron dunha comida intercultural preparada por eles mesmos.

Xa chegada a tarde, e en colaboración co “Foro de Inmigración”, fixeron diversas actividades de concienciación.

Todo o mundo coincidiu en que foi unha experiencia moi boa e que esperamos repetir. Moitas gracias a todos os que colaborastes nesta Xuntanza!

XXIX Festival Galego da Canción Scout

25 de Febreiro do 2009


Os días 14 e 15 de Marzo celebrarase o Festival Galego da Canción Scout e as Olimpiadas Scouts na cidade da Coruña. Participaran os Grupos de ASDE – Scouts de Galicia, cada un cunha orixinal e nova canción de producción propia.

Este ano estará organizado polo grupo Hércules, grazas polo voso esforzo!

Sigue todo o Festival, as cancións, os actos e o ambente scout galego na sección de Eventos da web

Ola mundo!

17 de Febreiro do 2009

Benvidos á nova web de ASDE-Scouts de Galicia !

Esperamos que navegando polas súas páxinas descubras un pouco máis de nós e se te interesa te achegues polo local de algún dos Grupos Scouts para vernos en acción.

Boa caza!