Archive for the ‘General’ Category

Éxito da Conferencia Scout Xeral

22 de Abril do 2010

Fin de semana intensa e histórica en Gandarío: duas Asambleas, un Consello e unha Conferencia Scout Xeral que marcarán o futuro.

Case 40 scouters (educadores scouts voluntarios) traballaron para fixar as tarefas dos próximos anos en materia de…

Crecemento, para que a nosa acción educativa chegue a máis xente e coa mellor calidade posible, e…

Servizo, para intentar que está acción educativa se reflicta nunha mellora constante do mundo no que vivimos a través da solidariedade e sen esperar recompensa.

Ademáis, deuse un paso máis cara a transformación de ASDE – Scouts de Galicia nunha federación de asociacións (grupos scouts) aprobando os que serán os seus estatutos despois de máis dun ano traballando neles.

Houbo lugar tamén para os encontros e o intercambio de experiencias entre scouters e contamos coa presencia de Julio del Valle, Presidente Scout Federal de ASDE. Dende aquí queremos agradecerlle a súa visita e apoio ó proxecto de ASDE-Scouts de Galicia.

IV Conferencia Scout Xeral

15 de Abril do 2010

Os días 16, 17 e 18 de Abril de 2010 celebrarase no Albergue de Gandarío (Sada, A Coruña) a IV Conferencia Scout Xeral. Neste encontro os scouters dos grupos scouts de ASDE – Scouts de Galicia reflexionarán, debatirán e decidirán sobre as nosas liñas de actuación para os próximos anos.

Nesta ocasión os temas centrais serán:

  • O Reto Común do Crecemento
  • A Acción Servizo na nosa proposta educativa

Será unha fin de semana de intenso traballo pensando sempre en mellorar as nosas actuacións cara un mundo mellor.

30º Festival Scout Galego

11 de Marzo do 2010

A próxima fin de semana, 13 e 14 de marzo de 2010, terá lugar o 30º Festival Scout Galego na cidade de Santiago de Compostela.

Comezaremos con forzas cun gran xogo durante toda a mañá para descubrir a cidade, rematando, como non podía ser doutra maneira, na Praza do Obradoiro. Pola tarde celebrarase o certame musical no Colexio La Salle onde participarán os distintos grupos scouts de Galicia cantando e animando.

O domingo, teremos as Olimpiadas scouts: ¡deporte e diversión asegurada!

Unha gran fin de semana de convivencia, valores, diversión e amizade.

Espazo Solidario

25 de Febreiro do 2010

ASDE – Scouts de Galicia estará presente no encontro pola solidariedade Espazo Solidario organizado polo Concello da Coruña o día 27 de febreiro de 2010.

Achégate polo noso stand ou participa no obradoiro que faremos ás 17:30 en PALEXCO (A Coruña)

Apoio a Haití

17 de Xaneiro do 2010

Ante a situación que vive Haití, ASDE infórmanos de que habilitou unha conta bancaria onde se poden facer aportacións económicas que se destinarán a axudar aos afectados e a apoiar a reconstrucción do país.

O número é: 2100 1739 61 0200095145 (La Caixa)

Máis información

Desde ASDE – Scouts de Galicia animámosvos a participar na iniciativa conforme ao noso propio compromiso para colaborar coa xente que  o necesita e pregámosvos que fagades chegar esta información ao voso entorno.

Moitas gracias!