O bosque na casa

Cada persoa pode participar tantas veces como queira!

No caso de ter a idade mínima para ter redes sociais, poderán subir as fotos ás súas contas etiquetando a @scoutsdegalicia

Se a súa conta é privada, cando suban a foto deberán facer unha captura de pantalla da foto subida ou descargala e enviala ás redes de Scouts de Galicia.

No caso de ser menores de 13 anos deberán envialas ás súas scouters (as propias participantes ou as súas familias) para que sexan remitidas á Coordinación de Comunicación de Scouts de Galicia (ao correo de [email protected]).

En todas as fotos deberán aparecer sostendo no soporte que queiran unha folla dunha árbore debuxada, dentro da cal escriban un valor do scoutismo, un artigo da Lei Scout ou unha Máxima de Baloo ou un Consello de Malak.

É fundamental o uso do pano (pañoleta, pañola) na foto, aínda que entendemos que quizais algunha xente non o teña alí onde está confinada, polo que aceptaremos todas as fotos.

O período para participar é ata o venres día 20, para así o sábado 21 poder ter feita a nosa árbore.



Deixe un comentario