A Infancia, protagonista do primeiro 20N da POIG

ASDE Scouts de Galicia, entidade membro da POIG súmase a celebración na Coruña

A Infancia, protagonista do primeiro 20N da POIG

A POIG está formada por 28 entidades que traballan en Galicia coa misión de defender as necesidades dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

acto central da celebración do 20N terá lugar o 20 de novembro, a partir das 12:00 horas, no Salón de Actos da Xunta de Galicia en San Caetano.

protagonista deste acto central é a infancia que participou no traballo participativo realizado desde a POIG, acadando propostas de consenso para por enriba da mesa dos que teñen capacidade de xestionalas. Os nenos, nenas e adolescentes de distintos colexios e puntos xeográficos de Galicia, traerán ao goberno galego as súas conclusións.

Programa

11’30 h. Recepción autobuses na explanada de San Caetano

12’00 h. Benvida por parte do Presidente da POIG, Xesús Vilas aos participantes

12’10 h Inicio do Acto, coa participación dos presentadores Alán Álvarez Añon e Uxía Martínez González, alumnos do I.E.S. Arcebispo Xelmírez II.

Interveñen nenos, nenas e adolescentes dos colexios e institutos:

C.P.R. Plurilingüe Jesús Maestro (Ferrol-A Coruña)

C.P.R. Pablo VI – Fátima (A Rúa-Ourense)

C.P.R. Plurilingüe Divina Pastora (Lugo)

C.E.I.P. Plurilingüe Javier Sensat (Vigo-Pontevedra)

I.E.S. Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela-A Coruña)

13’00 h. presentación da primeira versión completa e actualizada en galego da Convención sobre os Dereitos do Neno (convención e protocolos facultativos)

Presentación a cargo da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Por primeira vez, en galego, se publica a Convención e os protocolos facultativos aprobados desde á firma da Convención no ano 1989.

13’15 h. Clausura do Acto a cargo da Conselleira de Política Social, e foto dos asistentes no Salón de Actos

Máis información [email protected]

+34 981582243
www.infanciagalicia.org
   @infanciagalicia



Deixe un comentario