Día da Muller 2019

O tema do Día Internacional da Muller (8 de marzo) deste ano, “Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio”, coloca a innovación por parte das mulleres e as nenas, para as mulleres e as nenas, no centro dos esforzos para lograr a igualdade de xénero.

O logro da igualdade de xénero no mundo require de innovacións sociais que funcionen tanto para homes como para mulleres e que non deixen a ninguén atrás. Desde a planificación urbana que se centre na seguridade da comunidade ata plataformas de aprendizaxe electrónica que leven as aulas ás mulleres e as nenas, centros de coidado infantil alcanzables e de calidade, así como tecnoloxía deseñada por mulleres para abordar os obstáculos persistentes que as limitan, a innovación pode impulsar a carreira pola igualdade de xénero ata a meta para 2030.

Scouts de España apoia os actos do Día da Muller.

A educación é o altofalante e a ferramenta máis potente para facer efectivo un cambio de paradigma social. Como scouters traballamos duro no noso día a día para que a nosa mocidade desenvolver e poida xogar un papel construtivo na sociedade, facéndoo presente tanto na nosa Promesa como na Lei Scout.

Levamos tatuado o lema – Construír un Mundo Mellor –, que deixa clara cal é a nosa misión como scouts, unha misión que sería imposible levar a cabo se non contásemos coas mulleres dos nosos grupos scouts. Por iso é importante loitar man a man e esixir os mesmos dereitos, as mesmas oportunidades e posibilidades para cada persoa, porque un/a scout é útil e servicial e sobre todo un/a scout axuda ao próximo en toda circunstancia.

Por iso, durante o Día Internacional da Muller, Scouts de España e Scouts de Galicia súmase e apoia, como non pode ser doutra forma, os innumerables actos que se van a levar a cabo durante o 8 M, para construír un mundo máis xusto e igualitario, no que non caiban nin a violencia contra as mulleres en calquera das súas expresións, nin desigualdades vergoñosas como a brecha salarial ou a desigual presenza de mulleres nos ámbitos de toma de decisión, poder e representatividade.

 

ARTIGO 1 DOS ESTATUTOS DE SCOUTS DE GALICIA

“ASDE SCOUTS DE GALICIA é unha organización civil de carácter educativo para os nenos/as e mozos/as, non lucrativa, FEMINISTA, plural e aberta, de libre adhesión, con carácter político non partidista”

 



Deixe un comentario