Vinteunha entidades sociais galegas presentan a primeira plataforma de infancia da comunidade

logosimbolo_POI_galicia(1)

Hoxe mércores, 11 de abril, no Salón Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (Rúa do Franco, 3) as 12.00h. preséntouse a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. No acto de presentación da nova entidade Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, acompañando aos representantes das 21 entidades membro, estiveron presentes:

  • D. Jose Manuel Rey Varela (Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia)
  • D.ª Concepción Fernández Fernández (Concelleira de Políticas Sociais, diversidade, Saúde e Centros cívicos do concello de Santiago de Compostela)
  • D.ª María del Carmen Fernández Morante (Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC)
  • D. Adolfo Lacuesta Antón (Presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de España)
  • D. Santiago Domínguez Fernández (Secretario Xeral de Plataforma de Organizacións de Infancia de España)
  • D. Xesús Mª Vilas Otero (Presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia)

A Plataforma, formada por 21 organizacións sociais galegas, ten por obxectivo xeral a protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989, Convención esta que é a máis ratificada na historia e que conta co apoio do Parlamento Español. Impulsar políticas xerais e sectoriais dirixidas a incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situacións de vulneración dos dereitos da infancia, así como, sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos das nenas e nenos son a finalidade desta proposta.

Contacto Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia
Xesús Vilas (981 582 243) | galicia@plataformadeinfancia.org

IMG_20180411_131615

PLATAFORMA DE INFANCIA DE GALICIA
O 11 de abril de 2018 se constitúe oficialmente a Plataforma de Infancia de Galicia formada por:AcladAlborada, Aldeas Infantiles SOS Galicia, Fundación Amigó, Asociación Abuso y maltrato infantil NO , Asociación Arela, Federación ASDE-Scouts, Federación Aspace, Fundación Ayuda en Acción, Cruz Vermella, Fundación Diagrama, Fundación Educo, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Federación Don Bosco, Instituto galego de xestión para o terceiro sector Igaxes, Federación Marcha Compostela, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Gitano, Fundación Tierra de hombres, Centro Trama, Unicef e Asociación Viraventos.

Traballar en rede para analizar a situación dos nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma, mellorar as políticas de infancia e asegurar o cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes son os obxectivos desta Plataforma que se inspira e conta co apoio da Plataforma de Infancia de España. Neste sentido, a Plataforma de infancia de Galicia replicará o modelo da Plataforma de Infancia de España a nivel autonómico.

A Plataforma de Infancia de España
É unha asociación sen ánimo de lucro creada en 1997 co fin de consolidar un espazo de coordinación para promover iniciativas en favor da defensa, protección e promoción dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes. Actualmente 59 organizacións integran a Plataforma de Organizacións de Infancia.
A súa misión é protexer, promover e defender os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes conforme á Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada por Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e ratificada un ano máis tarde por España. A súa visión é alcanzar o pleno cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes en España.

Os seus valores son:

  • Igualdade para todos e todas.
  • Promoción da Participación da infancia nas diferentes etapas do seu desenvolvemento.
  • Cooperación entre entidades sociais para axuntar esforzos no logro dos obxectivos.
  • Compromiso profesional e ético para o adecuado desempeño do noso traballo.
  • Transparencia e Responsabilidade no control financeiro e a administración dos recursos.
  • Calidade na implementación de programas e servizos.
  • Sensibilidade ante os acontecementos que vulneren os dereitos dos nenos e das nenas.

DOSSIER PLATAFORMA DE  ORGANIZACIÓNS DE INFANCIA DE GALICIA

Os seus obxectivos son:

  • Sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos da infancia.
  • Desenvolver o diálogo, a colaboración e a participación con todos os organismos públicos e privados relacionados co benestar da infancia e a aplicación dos seus dereitos.
  • Impulsar as políticas xerais e sectoriais que promovan o benestar da infancia e especialmente daqueles nenos e nenas en situacións de risco individual ou social.
  • Promocionar a participación e o asociacionismo da infancia. Denunciar as situacións de vulneración dos dereitos da infancia por parte das institucións públicas, do sector privado ou dos particulares.
  • Fortalecer as estruturas democráticas e da sociedade civil mediante o apoio, a creación e consolidación de plataformas, coordinadoras ou redes de infancia nacionais e internacionais.
  • Defender e promover os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, a paz, a democracia e a participación cidadá en condicións de igualdade para mulleres e homes, en especial dos nenos e das nenas e, en xeral, a non discriminación por razón de sexo, raza, idade, cultura ou relixión, e o respecto á diversidade a través de programas, proxectos e accións de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.


Deixe un comentario