Volve o Chapoteo!

En ASDE Scouts de Galicia estamos rebosantes de alegría e ilusión porque, tras moitos anos de espera, regresan as actividades federativas da Colonia de Castores!!!! Alguén pode lembrar os anos que levamos agardando????

Deste xeito, e durante esta rolda, ao Camporee e Ruta Róver, sumaremos o primeiro CHAPOTEO en moitos anos!!!!

Dende xa, queremos dar as grazas ao traballo do Grupo Scout San Jorge 33Grupo Scout Semente 597 e  Grupo Scout Chan 292. Sen eles esta actividade non podería desenvolverse.

No marco da vida no estanque, os castores terán a misión de descubrir os secretos do ciclo da auga, e concienciarse da súa importancia tanto na vida do bosque como na dos humanos (Familia Jones).

Os castores desfrutarán coa compaña de Malak, Gran Castor e outros amigos do Bosque, e deixarán o rastro do seu golpe de cola traballando por un mundo mellor e máis xusto. Ademais, aproveitarán a oportunidade de compartir e xogar con alegría coñecendo a outros castores cos que fornecer novas amizades para o futuro…

Falta pouco tempo, e o dique de ASDE Scouts de Galicia  xa se prepara para un gran acontecemento! Estade atentos e atentas porque a experiencia será inesquecible!!!!!

chapoteo



Deixe un comentario